Nos dedicamos a la producción audiovisulal, con una estrecha vinculación con el mundo del turismo. La punta de lanza de nuestra empresa es la producción de audioguías de turismo para cualquier destino turístico: museos, ciudades, etc.
Buscar otras localidades o monumentos:
Audioguía de Ourense
Ficha Técnica de la Audioguía
Duración: 60 minutos
Número de Pistas: 30
Tipo: Profesional
Temática: Termal , Monumental y Gastronómica
Pertenece a: Concellería de Turismo de Ourense. Ourentur.
Ourense foi desde as súas orixes famosa pols súas augas quentes, moi apreciadas polos romanos que se asentaron neste val fai case dous mil anos. Hoxe é un referente termal en Europa, cun caudal que supera os 4 millóns de litros diarios de auga... leer más
Ourense foi desde as súas orixes famosa pols súas augas quentes, moi apreciadas polos romanos que se asentaron neste val fai case dous mil anos. Hoxe é un referente termal en Europa, cun caudal que supera os 4 millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal. A súa testemuña máis antiga e mellor coñecida son as fontes das Burgas, no corazón da cidade; mananciais de auga a 67ºC cuxas fontes neoclásicas, conviven agora cunha moderna piscina termal ao aire libre . O entorno foi transformado nun xardín bulevar onde se localiza o Centro de Interpretación Arqueolóxica que acolle os restos encontrados na zona, destacando as ruínas dunha piscina termal do s.I d.C. A oferta termal ourensá completase co complexo natural das marxes do Miño, onde se atopan tres áreas de baño públicas de uso gratuíto así coma dúas estacións termais de xestión privada.
A historia de Ourense deixase sentir tamén no seu Casco Histórico, con mostras de arquitectura medieval, barroca e modernista en casas señoriais, balconadas, fontes, e soportais que se agochan nun labirinto de rúas e prazas empedradas de inmensa beleza. Alberga multitude de edificios singulares, como a Casa Consistorial, o Pazo de Oca – Valladares, os Museos Municipal e Arqueolóxico ou as Igrexas de Santa María Nai ou Santa Eufemia.
Imprescindible é a Catedral, un templo románico de transición ao gótico do que destaca o Pórtico do Paraíso, tímpano policromado do século XIII inspirado no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela. Ben coñecidos son tamén as pontes que atravesan a cidade, sendo a máis emblemática a Ponte Romana ou Ponte Vella, que aínda conserva trazas das súas orixes.
Na súa faceta máis moderna, Ourense é unha cidade cunha ampla oferta comercial, especialmente no referido a moda e complementos. Berce de grandes firmas, a rúa do Paseo, arteria peonil, é visita obrigada para os amantes das compras.
Non podemos deixar de comentar que Ourense tamén da mostra dunha excelente gastronomía definida pola calidade das súas materias primas e as 4 Denominacións de Orixe vitivinícolas que se dan cita na cidade.
O visitante pode degustar as mellores propostas gastronómicas en miniatura nun paseo pola popular zona dos viños onde se ofertan pinchos e tapas de espírito tradicional xunto con modernas presentacións.
Poden obter máis información na Oficina de Turismo de Ourense nos xardinillos do Padre Feijoó ou no teléfono: 988 36 60 64.
Ourense Termal
2) Ourense termal
GPS de Ourense termal: 0, 0
Ourense é a capital termal de Galicia. Nos últimos anos fíxose un gran esforzo en acondicionar as zonas termais que durante séculos foron usados pola poboación local, creándose zonas ao aire libre e termas semi-pechadas.
O Termalismo é... leer más
Ourense é a capital termal de Galicia. Nos últimos anos fíxose un gran esforzo en acondicionar as zonas termais que durante séculos foron usados pola poboación local, creándose zonas ao aire libre e termas semi-pechadas.
O Termalismo é unha tradición intimamente ligada á historia da cidade. Fai xa dous mil anos que os romanos chamaban a esta cidade Aquis Auriensis debido á abundancia de ouro e augas termais. Da afección dos romanos ao termalismo quedan testemuñas documentais no Museo Arqueolóxico e nas escavacións realizadas no entorno das Burgas, o núcleo histórico da cidade. En Ourense hai más de 100 afloramentos de auga termal de gran calidade polas súas propiedades mineiro medicinais e alta temperatura.
A augas termais manan das profundidades da terra e adquiren as súas propiedades minerais do contacto co substrato granítico do subsolo, ao filtrarse polas súas fendas naturais para saír á superficie. Cun caudal que supera os catro millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal e unha tradición hidroterapéutica milenaria, Ourense é a capital termal por excelencia. Segunda cidade de Europa despois de Budapest.
O referente termal ourensán é a piscina das Burgas, en pleno casco histórico, unha oferta que se completa co complexo natural das marxes do Miño, onde se encontran tres áreas de baño públicas de uso gratuíto con servizos de cafetería, vestiarios e aseos, así como dúas estacións termais de xestión privada.
Todas as instalacións termais da marxe dereita do Miño están conectadas mediante un agradable camiño habilitado para o uso peonil e de bicicletas, rodeado de arbores e con accesos directos ás zonas de baño. O paseo peonil bordea tamén a marxe esquerda do Miño nun recorrido de 20 quilómetros idóneo para a práctica de footing, sendeirismo…
Á zona termal tamén se pode acceder no Tren das Termas, que realiza varias viaxes ao día entre a Praza Maior de Ourense e Outariz, con paradas en cada unha das instalacións.
O uso termal en Ourense ademais das súas propiedades minerais teñen un carácter lúdico e de relaxación que atrae a xente de todas as idades.
3) As Burgas. Termalismo histórico
GPS de As Burgas. Termalismo histórico: 42.3349, -7.86536
Ourense foi desde as súas orixes famosa polas súas augas quentes, moi apreciadas polos romanos que se asentaron neste val fai case dous mil anos. Hoxe é un referente termal en Europa, cun caudal que supera os 4 millóns de litros diarios de... leer más
Ourense foi desde as súas orixes famosa polas súas augas quentes, moi apreciadas polos romanos que se asentaron neste val fai case dous mil anos. Hoxe é un referente termal en Europa, cun caudal que supera os 4 millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal e unha tradición hidroterapéutica milenaria.
A súa testemuña máis antiga e mellor coñecida é a propia fonte monumental das Burgas con mananciais de auga a 67ºC . A súa silueta neoclásica de tres canos é o símbolo da cidade que convive agora cunha moderna estación termal dotada de piscina ao aire libre de máis de 200 metros cadrados, sauna e terraza.
A piscina inaugurada en 2010, tratase dunha instalación alimentada co manancial das Burgas, de onde xorden ininterrompidamente máis de 300 litros de auga por minuto a 67ºC. O deseño desta instalación, unha piscina termal ao aire libre, foi obra do arquitecto César Portela e é única na Península pola súa integración no entorno urbano. As augas, a 38ºC son bicabornatadas sódicas, e ademais das súas propiedades relaxantes, están indicadas para afeccións de dermatose e reumatismos.
O entorno das Burgas converteuse na primeira gran zona verde do Casco Histórico, un xardín bulevar onde se localiza o Centro de Interpretación Arqueolóxica, un museo ao aire libre onde se conservan e exhiben os vestixios da historia da cidade encontrados na zona, destacando unha terma romana do século I d.C.
4) Estación Termal de Outariz
GPS de Estación Termal de Outariz: 42.3514, -7.91487
A estación termal de Outariz está inspirada na cultura zen e o termalismo xaponés, un lugar de paz e tranquilidade Ocupa unha parcela de 400 m2 integrada na natureza xunto ao río Miño e conta cunha ampla oferta hidroterapéutica, terraza e... leer más
A estación termal de Outariz está inspirada na cultura zen e o termalismo xaponés, un lugar de paz e tranquilidade Ocupa unha parcela de 400 m2 integrada na natureza xunto ao río Miño e conta cunha ampla oferta hidroterapéutica, terraza e restaurante. O circuíto termal componse de ofuros ou zonas de baño a diferentes temperaturas, cunha zona cuberta e unha ao aire libre que se usan durante todo o ano. As súas augas están especialmente indicadas para o tratamento de reuma, artrite e afeccións da pel.
Unhas innovadoras instalacións de pago con prezos moi accesibles nas que se pode gozar dunhas horas de relaxación e de servizos como masaxes de estética; bañeiras, toneis e ofuros de madeira ou tratamentos individualizados de algas, lodos e chocolaterapia.
5) Estación Termal da Chavasqueira
GPS de Estación Termal da Chavasqueira: 42.3468, -7.87694
A estación Termal da Chavasqueira é unha instalación de xestión privada a prezos accesibles. Situada nas marxes do Miño, anexa á zona de baño pública, a súa arquitectura é de marcada inspiración xaponesa. O seu catálogo de servizos... leer más
A estación Termal da Chavasqueira é unha instalación de xestión privada a prezos accesibles. Situada nas marxes do Miño, anexa á zona de baño pública, a súa arquitectura é de marcada inspiración xaponesa. O seu catálogo de servizos inclúe masaxes en cadeira sueca, ou masaxe parcial ou completo de relaxación en padiola xunto con sauna xaponesa de pedra e madeira a 45 ºC e 85% de humidade.
O circuíto termal sigue as directrices da filosofía ZEN: Rotemburo: combinación das tres piscinas termais de pedra ao aire libre con auga a 41 ºC. Ofuro: baño interior de pedra a 39 ºC. Tsumetai: piscina de auga fría para choque térmico.
As súas augas están indicadas para o tratamento de reuma, artrite e afeccións da pel así como para trastornos hepatodixestivos do metabolismo e vías urinarias.
6) Termas de Outariz - Burgas de Canedo
GPS de Termas de Outariz - Burgas de Canedo: 42.3454, -7.92347
As Termas de Outariz e as Burgas de Canedo son dous conxuntos de piscinas termais a ceo aberto situadas nunha gran área recreativa axardinada na marxe dereita do río Miño e conectadas coa outra beira por unha pasarela peonil.
Na área... leer más
As Termas de Outariz e as Burgas de Canedo son dous conxuntos de piscinas termais a ceo aberto situadas nunha gran área recreativa axardinada na marxe dereita do río Miño e conectadas coa outra beira por unha pasarela peonil.
Na área recreativa, unha coidada zona verde, hai dous grupos de piscinas: as “Pozas de Outariz”, con piscina de auga fría e tres de auga quente, e as “Burgas de Canedo”, con piscina de auga fría e tres piscinas dobres de auga quente.
Tratase de augas de mineralización débil, indicadas para afeccións reumáticas e do aparato locomotor, que manan en varios puntos entre as fracturas da rocha granítica, cunha temperatura de 60ºC .
Zona wifi que conta ademais de con vestiarios, duchas, aseos e armarios, con servizo de cafetería – restaurante e punto de información turística e atención ao bañista, onde é posible adquirir/alugar material para o baño (toallas, traxes de baño…) e préstamo de bicicletas.
A só 3.700 metros de Outariz atópase o Camping municipal de Untes, cunha completa oferta de acampada e bungalows, e totalmente adaptado para persoas con mobilidade reducida.
7) Termas da Chavasqueira
GPS de Termas da Chavasqueira: 42.3468, -7.87694
As termas da Chavasqueira son un conxunto de pequenas piscinas termais ao aire libre de acceso libre e gratuíto situadas nas marxes fluviais do Miño, nun entorno axardinado.
Coñecidas desde antigo como “Caldas do Bispo” polo clérigo que... leer más
As termas da Chavasqueira son un conxunto de pequenas piscinas termais ao aire libre de acceso libre e gratuíto situadas nas marxes fluviais do Miño, nun entorno axardinado.
Coñecidas desde antigo como “Caldas do Bispo” polo clérigo que as mandou acondicionar e moi intimamente ligadas ao xa desaparecido Balneario das Caldas, este conxunto de pozas a ceo aberto están alimentadas por un manancial, cuxas augas de mineralización débil, son hipertermais, e aptas para o tratamento de secuelas post-traumáticas ou post-quirúrxicas.
8) Termas do Muíño da Veiga
GPS de Termas do Muíño da Veiga: 42.3519, -7.91032
As termas do Muíño da Veiga, de acceso libre e gratuíto, están situadas case no propio río Miño, tratase dun conxunto de catro piscinas termais ao aire libre ao lado dun antigo muíño de madeira completamente restaurado, de onde provén o... leer más
As termas do Muíño da Veiga, de acceso libre e gratuíto, están situadas case no propio río Miño, tratase dun conxunto de catro piscinas termais ao aire libre ao lado dun antigo muíño de madeira completamente restaurado, de onde provén o seu nome.
Estas pozas atópanse na zona de Quintela de Canedo a 500 m. da área termal de Outariz. O espazo conta cunha poza principal de 200 m2, unha segunda de 130 m2 e outras dúas de 55 e 45 m2 ao lado dun muíño rehabilitado.
Unha das curiosidades do Muíño da Veiga é que esta surxencia catalogada recentemente no mapa hidrolóxico da cidade mantén un caudal de 4 litros por segundo e a súa temperatura natural de 69,2ºC, convértena na temperatura máis alta de todo o Estado en estas condicións.
A zona dispón de aseos, armarios, vestiarios, Wifi e zona de aparcamento.
As súas augas son de mineralización débil, indicadas para afeccións de dermatose e artrose.
9) Fonte do Tinteiro
GPS de Fonte do Tinteiro: 42.3511, -7.8814
A fonte do Tinteiro é moi popular na cidade polas súas propiedades beneficiosas. Tratase dunha fonte de auga termal que se atopa nun miradoiro sobre o río Miño dotado tamén de pediluvios e piscinas. De aceso libre e gratuíto accedese a el... leer más
A fonte do Tinteiro é moi popular na cidade polas súas propiedades beneficiosas. Tratase dunha fonte de auga termal que se atopa nun miradoiro sobre o río Miño dotado tamén de pediluvios e piscinas. De aceso libre e gratuíto accedese a el polo paseo peonil que une toda a ruta termal do Miño.
Ourense Monumental
10) Ourense monumental
GPS de Ourense monumental: 0, 0
O Casco Antigo de Ourense, centro neurálxico da cidade, é un labirinto de rúas e prazas empedradas de inmensa beleza onde a arquitectura barroca e oitocentista convive con edificacións tradicionais rehabilitadas. Alberga multitude de edificios... leer más
O Casco Antigo de Ourense, centro neurálxico da cidade, é un labirinto de rúas e prazas empedradas de inmensa beleza onde a arquitectura barroca e oitocentista convive con edificacións tradicionais rehabilitadas. Alberga multitude de edificios singulares, coma a Casa Consistorial, o Pazo de Oca – Valladares, os museos Municipal e Arqueolóxico ou as igrexas e capelas de Santa María Nai, San Cosme e San Damián, Santa Eufemia do Norte ou a Trinidade. As súas prazas concentran boa parte da oferta hostaleira e gastronómica, así como de lecer nocturno, destacando a Praza Maior. O comercio tradicional e de artesanía tamén ocupa un lugar destacado nas súas rúas.
11) Praza Maior e Casa Consistorial
GPS de Praza Maior e Casa Consistorial: 42.3357, -7.86398
A cidade de Ourense nace na época romana na zona das Burgas, mais o seu desenvolvemento ten lugar na época medieval coa Praza Maior como referencia xa que están aquí os edificios máis significativos: o concello e o pazo do Bispo, que... leer más
A cidade de Ourense nace na época romana na zona das Burgas, mais o seu desenvolvemento ten lugar na época medieval coa Praza Maior como referencia xa que están aquí os edificios máis significativos: o concello e o pazo do Bispo, que representan os dous poderes tradicionais da cidade. Hoxe en día esta praza segue a ser o corazón de Ourense.
O concello, construído en 1888, non foi o primeiro que houbo. Hai referencia doutro existente xa no século XVI, neste mesmo lugar, e, antes dese momento, os ourensáns xa se reunían noutros lugares como nos adros de igrexas, ou na zona ocupada actualmente pola Alameda do Concello, nome que se lle dá precisamente porque este lugar foi o sitio de reunión do goberno da cidade.
A relación entre o goberno civil e eclesiástico ten sido tensa en Ourense. O conflito comezou cando o consistorio se erixiu en terreos da igrexa, concretamente no curral ou horta do bispo. Cómpre ter en conta que Ourense era cidade episcopal, na que o bispo foi durante séculos o señor da cidade.
O actual museo Arqueolóxico, situado á esquerda do Concello, foi a residencia do bispo ata mediados do século XX, cando se trasladou a sé episcopal ao antigo seminario na praza do Bispo Cesáreo. O escudo da fachada é o do bispo Muñoz de la Cueva, e o seu gran tamaño xunto cos intencionados ou non erros ao engadir máis borlas ao capelo, evidencian o desexo de protagonismo do titular do mesmo. Foi en tempos deste bispo, no ano 1727, cando se rematou a fachada.
Tendo en conta que o bispo era tamén señor da vila, contaba con forte protección militar e o palacio chegou a ter ata sete torres. A parte superior foi reedificada nos anos 60 do século XX polo arquitecto Juan Sorolla: incrementouse a súa altura, alterouse a posición do escudo e ventá, e engadíronse as bolas no aleiro, as mesmas que se poden contemplar na catedral.
No interior do museo existe un claustro con restos románicos con engadidos de estilos posteriores; así as recentes escavacións atoparon restos de tempos dos romanos, suevos e da Idade Media. Dende a ventá superior, daquela cuberta cunha celosía, o bispo vixiaba o pulso da cidade, xa que todo se facía nesta Praza Maior. Un exemplo da difícil relación entre o Concello e a Igrexa perdurou en forma de tradición, na última procesión de Semana Santa, no Domingo de Pascua de Resurrección, cando ten lugar a cerimonia do “Desplante”, na que o bispo segue a encabezar a comitiva cara Santa María Nai e os membros do consistorio quedan aos pés da escaleira sen subila.
A praza Maior foi escenario de festas, procesións, corridas de toros, importantes feiras anuais como a de San Martiño, e alén diso o comercio situábase baixo os soportais ou nos arredores da praza. Sendo o lugar máis importante da cidade, chama a atención a inclinación do seu chan, o que constitúe un feito excepcional nas prazas maiores de España.
Se nos achegamos á entrada do concello, atopamos unha placa do Instituto Xeográfico Nacional, que indica unha altitude de 135 metros sobre o nivel do mar. As montañas que rodean a cidade sitúanse na dirección de Santa María Nai con alturas duns 400 metros. Estas montañas forman a chamada “depresión ourensá”, un oco que fai que se acumulen temperaturas, que os ventos dominantes non permitan ventilar e xa que logo, que haxa unha diferenza térmica entre a mínima e a máxima temperatura polo día duns 20 grados, tanto no inverno coma no verán, e que no período estival as temperaturas máximas poidan chegar a roldar os 40 grados centígrados.
Asomámonos á rúa Bispo Carrascosa, situada entre o Concello e o palacio Episcopal, e atopamos á dereita o antigo cárcere da Coroa co escudo do bispo Muñoz Cueva, aínda que nesta ocasión sen os citados erros. Á esquerda hai un cruceiro e tras os cristais se observan diversos miliarios, que na época romana se empregaban como marcos para delimitar puntos xeográficos e, probablemente, foron o antecedente dos cruceiros que se ergueron sobre o lugar onde había un miliario romano, pero cunha intención simbólica e de cristianización.
Un busto lembra ao propulsor do proxecto do museo arqueolóxico, Xesús Ferro Couselo, quen fora historiador e estudoso de diversos temas galegos.
12) Catedral de San Martiño - Historia e fachada principal
GPS de Catedral de San Martiño - Historia e fachada principal: 42.3362, -7.86331
A historia da catedral está intimamente unida á da diocese de Ourense, cuxas orixes se perden no tempo, aínda que xa se ten coñecemento do nome a partir do século VI. De tempo dos suevos é a primeira catedral, que seica estivo situada onde... leer más
A historia da catedral está intimamente unida á da diocese de Ourense, cuxas orixes se perden no tempo, aínda que xa se ten coñecemento do nome a partir do século VI. De tempo dos suevos é a primeira catedral, que seica estivo situada onde hoxe se ergue a igrexa de Santa María Nai, moi preto deste lugar.
O período de dominación musulmá en Ourense foi breve, abrangue dende o ano 716 ata o 740. A presenza posterior é reducida e limitada a pequenos asentamentos. A repoboación cristiá tardou en afianzarse sobre todo por mor das incursións normandas ou a de Almanzor que arrasou a cidade a finais do século X.
Dados os continuos ataques que devastaron a catedral, e a cidade, os testemuños documentais sobre a construción da catedral actual son moi escasos, se ben está constatado que a data de consagración do altar maior é do ano 1188.
Estilisticamente considérase románica de transición e a súa planta responde a dunha igrexa de peregrinación, coma a de Santiago de Compostela, e ten semellanzas, casualmente ou non, coa catedral de Ávila e coa igrexa de San Vicente da mesma cidade de Ávila.
A fachada principal amósase algo discreta aos visitantes por estar rodeada de edificios próximos e algo agochada. As súas portas sempre permanecen pechadas, sendo o acceso máis habitual pola porta norte ou acaso pola sur. A porta principal ten tres arcadas, a central dividida por un parteluz e coroada por un gran rosetón. A imaxe do Rei David, tanxendo un arpa, é citada na novela de Blanco Amor, “A catedral e o neno”, na que esta imaxe se converte en fonte de incógnitas durante a nenez do protagonista.
13) Catedral de San Martiño - Porta norte
GPS de Catedral de San Martiño - Porta norte: 42.3365, -7.86302
Antes de reconfortar o espírito na catedral, os ourensáns reconfortaban o seu corpo nas rúas contiguas, xa que a porta norte comunica coa zona de viños. Son estas as rúas Viriato, Lepanto, Fornos e Unión; rúas que presentan un aspecto moi... leer más
Antes de reconfortar o espírito na catedral, os ourensáns reconfortaban o seu corpo nas rúas contiguas, xa que a porta norte comunica coa zona de viños. Son estas as rúas Viriato, Lepanto, Fornos e Unión; rúas que presentan un aspecto moi diferente pola noite –bulideiras e animadas- e polo día -tranquilas e cheas de autenticidade. ¡Ben merecen unha visita en ambos momentos!
A portada norte, orixinalmente románica, ten engadidos góticos de diversa procedencia, de modo que no tímpano, baixo a cruz, a Virxe sostén o corpo de Cristo descendido; á esquerda da escena está o tan repetido milagre de San Martiño partindo súa capa, e á dereita o apóstolo Santiago peregrino. Non en van, a portada está flanqueada por dous torreóns que dan un certo aspecto de fortaleza á catedral, xa que este acceso foi destruído en 1471 por don Rodrigo Alonso de Pimentel, conde de Benavente, nun ataque contra a cidade daquela baixo a protección do conde de Lemos.
Vamos dedicar un instante á porte norte para buscar unha anécdota, unha broma do artista….
Hai unha personaxe que nos volve as costas nunha postura escatolóxica. Para atopala hai que buscar nun capitel do lado esquerdo da portada, cara arriba. E aínda hai máis; así, se baixamos a vista verticalmente dende a personaxe ata o chan veremos un pequeno oco que curiosamente se mantén con auga case todo o ano.
14) Catedral de San Martiño - Capela do Santo Cristo
GPS de Catedral de San Martiño - Capela do Santo Cristo : 42.3364, -7.8629
Segundo reza unha canción popular:
"...Tres cousas hai en Ourense,
que non as hai en España,
o Santo Cristo, a Ponte Romana,
e as Burgas fervendo auga”
A capela do Santo Cristo reuniu e reúne un importante patrimonio polas doazóns que... leer más
Segundo reza unha canción popular:
“...Tres cousas hai en Ourense,
que non as hai en España,
o Santo Cristo, a Ponte Romana,
e as Burgas fervendo auga”
A capela do Santo Cristo reuniu e reúne un importante patrimonio polas doazóns que recibiu. A casa que se atopa en fronte da fachada norte, un pouco máis arriba da portada, pertenceu a esta capela, como o testemuña a cruz existente na súa fachada.
A imaxe do Santo Cristo atopábase inicialmente no lugar que actualmente ocupa un altar coa Virxe do Pilar, é dicir, ao entrar pola porte norte á dereita. Detrás do altar actual vese a decoración de punta de diamante da antiga capela.
O sepulcro máis preto é o do bispo Vasco Pérez Mariño, que trouxo a venerada imaxe e quixo quedar, tras a súa morte, preto dela. A devoción por este Cristo fixo que se trasladara uns poucos metros ata a actual capela que foi para iso construída e decorada en estilo barroco.
Conta a lenda que ao Cristo lle crece milagrosamente o seu cabelo e barba, que son de pelo natural. É aínda máis, di outra lenda que apareceu unha imaxe flotando no mar. A talla é de estilo gótico, e considérase a irmá da do Cristo de barba dourada existente en Fisterra.
Accédese á capela a través dunha reixa renacentista de Juan Bautista Celma, é de estilo barroco moi recargado. O baldaquino é de Domingo de Andrade, o mesmo autor có da catedral de Santiago de Compostela, e practicamente o resto da decoración foi realizada polo leonés asentado en Galicia, Castro Canseco. As influenzas desta capela hai que buscalas no manuelino portugués. Hai dúas imaxes que representan a San Mauro, de Francisco de Moure; e a Virxe Branca, copia da venerada madona de Trapani, en Sicilia.
Porén, o cadeirado é anterior, de estilo renacentista, obra de Diego Solís e Juan de Angers, e situábase orixinalmente, ao igual que en outras catedrais españolas, no coro, situado no centro da nave principal. Suprimiuse este elemento no século XX, o que permitiu obter unha ampla visión desde os pés da igrexa ata ao testeiro, sen máis interrupción visual que a do altar maior. Así chegaron parte dos sitiais a esta capela e foron colocados sen criterio iconográfico algún, polo que as personaxes da igrexa representadas non forman unha secuencia lóxica.
Na parte superior hai pinturas do século XVIII que representan escenas da vida de Cristo e algunha outra máis recente, como a da cea de Emaus, o que evidencia que as doazóns de obxectos artísticos á capela continúan na actualidade. Vaia como exemplo das dádivas que o Cristo recibe as lámpadas, que dan ao espazo un certo aire bizantino; e non están todas, tamén colgadas deste teito están diversas lámpadas dos máis diferentes estilos, incluso exvotos con forma de barco pola devoción que esperta o Cristo entre os mariñeiros. Unha tradición perdida era a de colgar gaiolas de paxaro nas festas da Novena ao Santo Cristo.
15) Catedral de San Martiño - Interior
GPS de Catedral de San Martiño - Interior: 42.3362, -7.86339
A catedral de Ourense foi construída entre a segunda metade do século XII e a primeira do século XIII, polo que a súa estrutura e algúns dos seus elementos son románicos. Despois chegou o gótico, que se aprecia no lixeiro apuntamento dos... leer más
A catedral de Ourense foi construída entre a segunda metade do século XII e a primeira do século XIII, polo que a súa estrutura e algúns dos seus elementos son románicos. Despois chegou o gótico, que se aprecia no lixeiro apuntamento dos arcos da nave central e nas bóvedas de crucería que cobren as tres naves.
Nos séculos posteriores fóronse decorando capelas e realizándose melloras e reparacións, en parte debidas aos asedios que recibiu a catedral, polo que podemos atopar elementos renacentistas, como as reixas da capela maior, e tamén elementos barrocos, presentes en moitas das capelas, e incluso estilos posteriores.
Orixinalmente a cabeceira tiña unha ábsida con tres capelas que se transformou nun deambulatorio. Ten a catedral planta de cruz latina con tres naves, as laterais de menor altura. Sobre o cruce da nave central e o transepto hai un ciborio gótico, realizado entre 1499 e 1505 que da luz á capela maior.
O coro que nas súas orixes estaba na nave principal, en fronte do altar maior, foi desmantelado no século XX, trasladándose parte dos sitiais á capela maior e á capela do Santo Cristo.
Fixámonos agora no ciborio sobre a capela maior, obra do mestre Rodrigo de Badaxoz, procedente de León. A súa función práctica é dar luz á igrexa, mais tamén hai unha consecuencia teolóxica ao crearse unha atmosfera mística, dando luz á zona máis sagrada da catedral. Ata a súa construción había unha bóveda de crucería neste lugar, cunha estrutura de vigas para colgar dela un incensario á imitación do botafumeiro de Santiago.
Na capela maior hai dous notables enterramentos: o da esquerda de descoñecido ocupante, e o da dereita é o do cardeal Quevedo, falecido en 1818 e que, ademais de bispo de Ourense, foi nomeado cardeal, formou parte do Consello de Rexencia durante a Guerra da Independencia e foi inquisidor xeneral ata a disolución do Santo Oficio polas Cortes de Cádiz en 1812.
O retablo da capela maior, de principios do século XVI, atribúese a Cornielles de Holanda e está realizado nun fino gótico-flamíxero. Consta de 5 rúas e 4 corpos, que serán 3 na rúa central ao ser de maiores proporcións.
No seu despregue iconográfico, na rúa central e na posición máis destacada está San Martiño de Tours, patrón e titular da catedral. A narración escultórica do resto dos espazos do retablo refírese á vida de Xesús e María, con episodios facilmente recoñecibles como por exemplo, a Asunción e a Piedade na rúa central. É a Virxe da Asunción a copatroa da catedral, de aí a súa posición destacada no altar. Completan o retablo outras personaxes bíblicas e santos.
O retablo gótico flanquéase por outros dous altares onde se representa o martirio dos ourensáns San Facundo, Santa Eufemia e San Primitivo. Son obra de Canseco.
Ao transformarse o testeiro da catedral a principios do século XVII e construírse o deambulatorio para aumentar o número de capelas e facilitar o culto, imponse un estilo renacentista con influencias herrerianas, que pola súa sinxeleza de formas non choca demasiado co estilo xeral do templo.
As capelas, recorrendo o deambulatorio de esquerda á dereita, son a Anunciación ou dos Boan, familia á que nos referiremos na praza do Ferro, a da Conversión de San Pablo ou de Armada, a de Santa Isabel ou do Arrojo, a da Concepción ou do deán Sotelo e Novoa, a da Resurrección ou do médico Prada, a da Asunción ou dos Arxiz e do altar de San Antonio ou de Álvaro Salgado. Merece unha parada a capela da Asunción para admirar no seu interior un dos poucos Cristos románicos conservados na provincia.
16) Catedral de San Martiño - Pórtico do Paraíso
GPS de Catedral de San Martiño - Pórtico do Paraíso: 42.3363, -7.86365
O pórtico do Paraíso, que se sitúa no interior e aos pés da catedral de Ourense, foi realizado no século XIII polos discípulos do mestre Mateo, tomando por inspiración a súa obra do pórtico da Gloria da catedral compostelá. É unha... leer más
O pórtico do Paraíso, que se sitúa no interior e aos pés da catedral de Ourense, foi realizado no século XIII polos discípulos do mestre Mateo, tomando por inspiración a súa obra do pórtico da Gloria da catedral compostelá. É unha interpretación maxistral dunha mesma partitura. Lonxe de ser una mera imitación, a de Ourense ten particularidades como a policromía que lle dan un gran valor artístico ademais de personalidade propia. A policromía da portada compostelá perdeuse ao facerse un baleirado en xeso para facer unha copia da mesma.
Posúe tres arcadas que se sustentan en columnas, con alisados e esveltos fustes de pedra. O parteluz no centro divide en dous o conxunto e son as súas columnas dunha soa peza as que lle confiren maior robustez. A escultura do apóstolo Santiago represéntase sostendo unha espada de ferro, en referencia á crenza da súa aparición milagrosa na Batalla de Clavixo. Segundo a lenda interveu para axudar aos cristiáns na súa loita contra os musulmáns. A imaxe é do século XIII, é dicir, do mesmo tempo da portada, se ben foi colocada aquí no século XIX. É unha representación naturalista do santo, con rizados cabelos e barba, e con numerosos pregos nas súas roupas que adiviñan o corpo do apóstolo.
Tamén se engadiu no século XIX, na parte superior do parteluz, a imaxe da Virxe do Consuelo co rapaz que, polos seus xogos, apenas pode suxeitar. Un pouco máis arriba no capitel, Cristo vese tentado polo diaño e se seguimos a alzar a vista, sobre un medallón coa esfinxe de Deus Pai, hai un tabernáculo coa escena de San Martiño cortando súa capa. A catedral atópase baixo o padroado de San Martiño de Tours, ao igual que a propia cidade de Ourense. Trátase dun soldado da garda romana ao que se lle atribúe no século IV un feito milagroso: ao saír da cidade de Amiens atopou un mendigo que aterecía. Cortou a súa capa en dous e deulle a metade, xa que a outra pertencía ao exército romano ao que servía. Ao día seguinte apareceulle Xesús vestindo coa media capa que dera ao mendigo e agradeceulle o acto de caridade.
Se alzamos a vista, nas arquivoltas do arco central atópanse representados os 24 anciáns, aos que o libro do Apocalipse se refire do seguinte modo: “Derredor do trono había 24 tronos, e nos tronos vin sentados aos seus 24 anciáns vestidos con roupas brancas, con coroas de ouro nas súas cabezas”. Son estes anciáns os representantes dos redimidos no xuízo final: as súas roupas brancas simbolizan a pureza e as súas coroas son símbolo de vitoria e non da autoridade.
As esculturas-columnas, de dimensións humanas, representan apóstolos e profetas que poden identificarse polas inscricións dos carteis que portan. Os capiteis están decorados con variados motivos como carnosas follas, as tentacións de Cristo no deserto, centauros loitando con sirenas, dragóns ou maléficas harpías, de horrendo rostro e corpo de ave, presaxio de pragas, enfermidades e outros infortunios.
A policromía procede en gran parte do século XVIII, aplicándose daquela sobre a orixinal románica que aínda é visible nalgunhas figuras das pilastras. A pintura permitiu realzar os volumes das figuras e resaltar aspectos delas.
A ambos lados hai dúas pequenas capelas barrocas, unha contén o retablo da Virxe de Belén, obra de Castro Canseco, un prolífico escultor que traballou entre os séculos XVII e XVIII en Galicia, e ao que se debe tamén nesta catedral a decoración da capela do Santo Cristo. A outra capela representa a San Francisco Blanco, orixinario de Ourense, e crucificado xunto a outros compañeiros franciscanos na cidade de Nagasaki, en Xapón, no ano 1597.
17) Praza da Magdalena e Igrexa de Santa María Nai
GPS de Praza da Magdalena e Igrexa de Santa María Nai: 42.3354, -7.86329
Fixémonos antes de nada no chan que pisamos: é o empedrado que existía antano en moitas das rúas de Ourense. As pedras están colocadas “de reo”, é dicir, de canto. Estes cantos rodados proceden do río, polo que o seu transporte é pouco... leer más
Fixémonos antes de nada no chan que pisamos: é o empedrado que existía antano en moitas das rúas de Ourense. As pedras están colocadas “de reo”, é dicir, de canto. Estes cantos rodados proceden do río, polo que o seu transporte é pouco custoso.
O nome da praza procede dunha capela dedicada a Magdalena, propiedade do conde de Amarante, que non se conserva e que se situaba na esquina que comunica coa Praza do Trigo. No centro da praza hai un cruceiro, quizais o máis fermoso da cidade. Este procede da Alameda do Cruceiro, xunto a ponte romana. Nun lado está a Virxe e noutro o Cristo crucificado cunha caveira aos pés. O cruceiro foi realizado en 1718 en pedra de granito, un tempo no que se executou cunha intención decorativa e de devoción.
Esta praza foi a particular “quintana dos mortos”, o cemiterio, de Ourense. Aínda se poden contemplar enterramentos no lateral da igrexa de Santa María Nai parcialmente ocultos cun pequeno xardín. A forma cuadrangular da praza fai pensar que fora tamén claustro da igrexa e camposanto para os canónicos. Cando esta praza deixou de ser cemiterio converteuse en mercado de froitas e outros alimentos.
No lateral da igrexa hai dúas placas. Unha fai referencia a máis recente fundación en 1724 e a outra, máis arriba, á reedificación dunha igrexa anterior no ano 1084. A advocación da igrexa anteriormente foi a de San Martiño de Tours, xa que segundo unha tradición, o rei suevo Carriarico converteuse ao catolicismo e con el todo o reino tras a curación do seu fillo polo santo, que así se converteu en patrón da vila no século VI. Celébrase a súa festa o 11 de novembro aínda que nesta data a cidade festexa unha tradición máis antiga: os Magostos. Popular celebración na que os veciños se reúnen nos montes próximos e fan fogueiras, asan castañas e proban o viño xoven.
Se nos desprazamos ata a fachada, barroca do século XVIII, veremos unhas columnas de mármore claro que proceden da edificación dos séculos V ou VI, e no terreo da hipótese, podemos supoñer que fora precisamente esta igrexa a antiga catedral, suposición que se ve reforzada pola proximidade ao bispado.
No interior, nun camarín, existe un retablo churrigueresco de madeira natural coa imaxe de Santa María Nai. É esta Virxe a patroa dos xastres que a sacan en procesión o Sábado Santo e o Domingo de Resurrección.
18) Praza do Trigo
GPS de Praza do Trigo: 42.336, -7.863
O mercado principal estaba na praza Maior e noutras prazas próximas había outros mercados de menor importancia e sectoriais, como este do Trigo, que deu nome a esta praza. Tamén foi outro tempo praza de oleiros, de potes de cerámica ou de... leer más
O mercado principal estaba na praza Maior e noutras prazas próximas había outros mercados de menor importancia e sectoriais, como este do Trigo, que deu nome a esta praza. Tamén foi outro tempo praza de oleiros, de potes de cerámica ou de prateiros. A fonte antiga desapareceu e deixou sitio a esta nova, a Fonte Nova, centrada na praza.
A praza está cercada por pórticos e casas fidalgas, prolóngase cara a praza das Damas que fora “patio de laranxeiras” da catedral e para algúns autores, lugar dun claustro inconcluso. A casa que destaca entre todas pola súa decoración foi obra do arquitecto Xesús Vidal e foi realizada a finais do século XIX en estilo neobarroco. A casa a súa esquerda é a dos Temes, en estilo barroco do século XVIII.
Dende aquí vemos a porta sur e unha perspectiva lateral da catedral. Chama a atención o seu carácter defensivo con ameas e torre por esa dualidade de funcións relixiosas e civís do bispo da cidade. A torre do Reloxo, do século XVI, engadiuse sobre a torre orixinal, sendo perceptibles as diferenzas entre as dúas fábricas.
Nesta visión sur da catedral podemos ver os canzorros baixo os beirados do tellado, decorados con cabezas humanas ou de seres fantásticos.
19) Praza do Correxidor
GPS de Praza do Correxidor: 42.3364, -7.86209
Do Correxidor e a súa residencia non quedan máis referencias cás da esquina en fronte e á dereita, deixando ás nosas costas a catedral, onde hai un escudo dos Reis Católicos, do século XV, que foi recolocado na fachada do edificio moderno... leer más
Do Correxidor e a súa residencia non quedan máis referencias cás da esquina en fronte e á dereita, deixando ás nosas costas a catedral, onde hai un escudo dos Reis Católicos, do século XV, que foi recolocado na fachada do edificio moderno actual. A placa conmemorativa do século XVII lembra ao Correxidor. O Concello loitou durante anos por zafarse do señorío do bispo e pasar a depender da Coroa. O escudo antigo da cidade tiña só un león e non a ponte e torre actuais, o que evidencia o desexo de depender do Rei, coa corte dos seus diferentes reinos na cidade de León e non do señorío do bispo, xa que se consideraba que o acollemento da Coroa era o mellor marco no que exercer a xurisdición municipal.
Nesta praza estivo o convento dos primeiros Franciscanos que se asentaron en Ourense a partir de 1238. O mosteiro parece ser que foi incendiado debido a uns disturbios a finais do século XIII.
Vemos de novo outra perspectiva interesante da catedral co seu gran ciborio que no interior dá luz á capela maior. Observamos tamén as bolas baixo o aleiro, que serviron de inspiración a arquitecto Xoan Sorolla no pazo do Bispo.
O gran edificio que preside a praza é o colexio das Carmelitas, que foi antes casa dos Temes, e xunto a el hai unha capela neogótica, obra de Antonio Crespo de 1897.
A escultura, obra de Manuel Buciños, está dedicada a Otero Pedrayo, ilustre escritor ourensán, patriarca das letras galegas e membro da xeración “Nós” (Nosoutros). A súa obra máis célebre é “Arredor de si”, en parte autobiográfica, que se refire ao camiño dos integrantes da xeración Nós cara ao galeguismo.
Ourense é unha cidade literaria e son numerosas as referencias en forma de placa, escultura ou nome de rúa a literatos e outros artistas, incluso modernos, como é o caso da veciña praza que recibe o nome dos “Suaves” en recordo ao grupo de rock ourensán.
Seguimos na zona de “A Esmorga”, zona de viños. Unha placa nun lateral lémbranos esta pasaxe literaria.
20) Pazo de Oca Valladares-Liceo
GPS de Pazo de Oca Valladares-Liceo : 42.3363, -7.86446
O Pazo de Oca Valladares é un dos pazos gótico-renacentistas máis importantes de Galicia. Foi mandado construír por Álvaro de Oca e Deza en 1522 e rematouse a fachada en 1583. Ten dúas plantas e na súa austera fachada brande cinco escudos... leer más
O Pazo de Oca Valladares é un dos pazos gótico-renacentistas máis importantes de Galicia. Foi mandado construír por Álvaro de Oca e Deza en 1522 e rematouse a fachada en 1583. Ten dúas plantas e na súa austera fachada brande cinco escudos que se repiten no interior.
A pedra e os canteiros que a traballaron, tanto neste pazo como noutros tantos monumentos e edificios ourensáns, proceden das proximidades de Ourense, da zona de Reza, onde se atopa a zona termal xunto ao río Miño.
O edificio foi abandonado no século XIX e chegou a ser mesón de arriaría, é dicir, lugar de encontro de arrieiros onde se hospedaban, coidaban as súas mulas e mercancías. Recupérase para a cidade cando se trasladou o Liceo Recreo de Artesáns de Ourense en 1870, colectivo que existía desde 1850 con sede na rúa da Obra, mais no novo emprazamento alcanzou maior esplendor. Era lugar de encontro de ilustrados; entre os seus socios cómpre mencionar ao poeta e periodista Lamas Carvajal e o tamén poeta Curros Enríquez, e entre os seus visitantes podemos destacar a Isaac Albéniz, que tocou no salón de festas.
O interior é elegante, articulado cun patio cheo de elementos historicistas, que nos traslada aos faladoiros doutrora. A fonte, no centro, é de mármore de carrara e obra do escultor Piñeiro. Unha escaleira á esquerda ascende á galería superior desde onde se observa o patio na súa totalidade. Os frescos con escenas costumistas galegas son obra do pintor Ramón Buch Buet.
A rúa de Lamas Carvajal, antes chamada rúa Nova, foi o “alcaná” ou barrio xudeu tras a súa forzada conversión. Antes dese tempo estaban dispersos na zona antiga onde existía unha boa relación cos cristiáns. Sobre a situación da sinagoga chegouse a pensar que estivera no lugar onde hoxe está a igrexa de Santa Eufemia, sen que exista consenso ao respecto do seu emprazamento.
21) Igrexa de Santa Eufemia
GPS de Igrexa de Santa Eufemia: 42.3363, -7.86417
Aqueles que cheguen a este lugar a primeira hora da mañá poderán gozar do sol iluminando o máis significativo da igrexa: a súa fachada, de aparencia barroca e gran coherencia estilística a pesar de empregarse uns 100 anos na súa... leer más
Aqueles que cheguen a este lugar a primeira hora da mañá poderán gozar do sol iluminando o máis significativo da igrexa: a súa fachada, de aparencia barroca e gran coherencia estilística a pesar de empregarse uns 100 anos na súa realización. Débese a frei Plácido Iglesias; a súa forma cóncava cara ao interior podería ser un recurso para lograr un efecto monumental a pesar do reducido do espazo, xa que a praza de Santa Eufemia é moderna e no pasado estaba chea de casas que practicamente ocultaban a fachada. A igrexa está en parte inacabada, xa que ten unha torre de recente construción en 1989 e fáltalle a outra que estaba proxectada.
Unha vez máis é un indiano quen sufraga a construción dun colexio para os xesuítas. Desde a doazón ata o comezo das obras pasou case un século, polo que os padres tiveron que residir mentres no veciño palacio de Oca e procurar novos patróns que sufragaran as obras.
O edificio anexo á dereita foi construído como colexio para cursar estudos de Gramática, logo foi instituto, museo, seminario e actualmente residencia sacerdotal. Hai que ter en conta que a igrexa xesuíta como tal tivo un uso moi breve debido á expulsión dos mesmos de España pola Pragmática sanción de 1767 e co pretexto de ter instigado o motín de Esquilache. A igrexa quedou entón sen uso e foi o cardeal Quevedo quen promoveu o traslado da igrexa de Santa Eufemia do Norte, coñecida como Santo Domingo, a este lugar, e recibiu o nome de santa Eufemia do Centro.
No interior presenta a típica estrutura da igrexa do Gesù de Roma, modelo de innumerables igrexas xesuítas do mundo. Un gran altar barroco preside a igrexa co Cristo da Esperanza no centro, do século XVIII e atribuído a Xosé Ferreiro.
Santa Eufemia, presente tanto na fachada como no interior nunha escultura de Xosé Cid de 1985, goza de gran devoción entre os ourensáns. Segundo a tradición, a Santa evanxelizou na zona do Xurés e por iso sufriu martirio en tempos do emperador Adriano. Foi enterrada no lugar que hoxe recibe o nome de Serra de Santa Eufemia. Séculos despois, no ano 1060, unha pastora descobre a tumba da que sae unha man, toma o seu anel e ao pórllo perde a fala, que recupera ao devolver a xoia á Santa. Óese entón unha voz que di que Santa Eufemia está aí enterrada. Comezaron entón as disputas entre dioceses xa que o lugar quedaba nun sitio intermedio entre Braga e Ourense. Decidiuse poñer o corpo nun carro tirado por un boi e enterrar á Santa no lugar onde se dirixira. Foi Ourense, e así se explica o protagonismo que recibe a Santa tanto nesta igrexa como na catedral. Nesta aínda se conserva esta historia nun altar colateral da capela maior.
22) Museo municipal - Rúa Lepanto - Praza do Ferro
GPS de Museo municipal - Rúa Lepanto - Praza do Ferro: 42.3367, -7.86308
Se ben a cidade non estivo amurallada, os seus límites estaban ben definidos e incluso había portas como a da Corredoira, que estaba nesta praza do Ferro antes de que existira a igrexa de Santo Domingo. A medida que a cidade foi crecendo as... leer más
Se ben a cidade non estivo amurallada, os seus límites estaban ben definidos e incluso había portas como a da Corredoira, que estaba nesta praza do Ferro antes de que existira a igrexa de Santo Domingo. A medida que a cidade foi crecendo as portas fóronse desprazando. Nesta praza os mercadores vendían produtos relacionados co ferro. Destaca na praza a casa dos Boan, que encerra unha interesante historia familiar: como un home modesto progresa grazas ao seu negocio de venta de panos, logra emparentar a un descendente coa nobreza e este fai carreira e riqueza… Chegará despois a procura dunha liñaxe histórica, nobre e gloriosa, para o que se serviron de artimañas legais, e incluso dun familiar que redactou un cronicón no que querendo chegar a buscar ascendentes de renome chegou a emparentalos con San Facundo, San Primitivo, algúns dos reis godos e un largo etcétera.
O desexo de notoriedade desta familia fíxolles dar máximo protagonismo aos seus escudos na fachada así como encargar e sustentar a primeira capela da catedral ou facerse un pazo, o de San Damián, que hoxe é pazo de turismo rural.
A fonte que centra a praza procede de San Estebo do Rivas do Sil; a maior parte das fontes da cidade proceden deste mosteiro e do mosteiro de Oseira, e trouxéronas en tempos da desamortización.
Ao redor desta praza hai moitos lugares onde tomar un viño e unha tapa: orella, que é a orella de porco cocida, queixo do país, polbo, empanadas e moitas máis exquisiteces tradicionais ou innovadoras que fan das tapas unha boa opción culinaria.
A rúa Lepanto ten este nome pola castelanización do nome anterior galego, se ben non hai constancia de ourensáns nesta batalla. Antigamente esta era a rúa da Obra, xa que aquí se asentaron os canteiros e outros traballadores que participaron na construción da catedral.
O edificio do museo Municipal pertenceu aos Méndez Montoto, a quen tamén pertenceu a capela dos Remedios, que repite os escudos na súa fachada. É renacentista, do século XVI, e en 1987 foi remodelado para albergar o museo. Expón obras de diversos artistas galegos. O museo posúe tres plantas, dúas delas dedicadas a exposicións temporais e a última alberga a sala permanente “Prieto Nespereira”, formada por 54 obras de carácter inédito; nalgúns casos representan bosquexos de ilustracións para as coñecidas revistas “Blanco y Negro” e “L’a Billarda” editadas a principios do século pasado, tamén bosquexos do seu estudo con compañeiros e personaxes ilustres da época ou caricaturas como a do seu amigo Vicente Risco.
23) Igrexa da Santísima Trinidad
GPS de Igrexa da Santísima Trinidad: 42.3329, -7.86394
A portada pola que se accede dende a praza da Trinidade procede do antigo hospital de San Roque, que se atopaba na Alameda, de aí a representación do Santo e o seu can Melampo. Posiblemente as outras dúas personaxes, en cadanseu medallón,... leer más
A portada pola que se accede dende a praza da Trinidade procede do antigo hospital de San Roque, que se atopaba na Alameda, de aí a representación do Santo e o seu can Melampo. Posiblemente as outras dúas personaxes, en cadanseu medallón, sexan Hipócrates e Galeno por razón dos seus vínculos coa medicina.
A igrexa é a máis antiga das que se conservan en Ourense. Apréciase o aspecto fortificado e algúns detalles románicos da súa fábrica orixinal. De tempo despois, entre os séculos XV e XVI, é o coroamento gótico-flamíxero.
Na Trinidade tamén houbo un hospital na actual casa parroquial xunto á igrexa. A súa situación na rúa de Vilar, por onde chegaban os peregrinos, fixo que moitos deles se hospedaran neste lugar. A maioría dos peregrinos chegaban desde o interior de Portugal ou dende a Vía da Prata; no canto de enlazar dende Astorga co Camiño francés desviábanse cara Ourense. Na portada da igrexa lateral, en fronte do antigo hospital, hai unha concha de vieira, o símbolo por excelencia dos peregrinos a Santiago de Compostela.
Saíndo á rua Xerónimo Feixó, á dereita, está o Xardín do Posío. O instituto Otero Pedrayo trasladouse a este lugar e os profesores crearon este xardín con sementes procedentes do xardín botánico de Madrid. Hai árbores e plantas non moi habituais nun parque de cidade. Actualmente é un parque urbano pechado, dividido en tres terrazas: a superior con arboredo evocativo do bosque; a central, que é o paseo tradicional, e a inferior, centrada por un paseo de palmeiras e un frondoso roseiral, transformado en lago.
Referímonos agora ao instituto Otero Pedrayo, que foi o primeiro da cidade e que ademais foi biblioteca e museo. O edificio sufriu un devastador incendio en 1927 do que se puideron salvar pezas artísticas e libros de gran valor.
24) Capela de San Cosme e San Damián
GPS de Capela de San Cosme e San Damián: 42.333, -7.86203
Nesta praza destaca a pequena capela, de portada plateresca, e máis aínda o que contén, a obra do escultor contemporáneo Arturo Baltar, situada aquí desde 1980, data en que se restaurou a capela.
Trátase dun belén que é, máis ben, unha... leer más
Nesta praza destaca a pequena capela, de portada plateresca, e máis aínda o que contén, a obra do escultor contemporáneo Arturo Baltar, situada aquí desde 1980, data en que se restaurou a capela.
Trátase dun belén que é, máis ben, unha exposición etnográfica das tradicións, usos da xente, traballos tradicionais … en definitiva, amósanos o modo de vida en Galicia noutrora.
Se miramos con detemento as escenas que representa, xa que as figuras interaccionan entre elas, atoparemos cantares de cego (personaxe que ía de pobo en pobo contando historias, como o crime real que narra a escena), un oleiro, situacións festivas nas prazas dos pobos, personaxes singulares, ou exemplos da arquitectura tradicional galega.
Baltar é ourensán, naceu en 1924. O seu carácter autodidacta levoulle a traballar de modo persoal, unicamente con arxila e coas súas propias mans. As súas obras están expostas nos principais museos galegos.
O belén foi unha encomenda que fixo en 1967 a Asociación de Belenistas de Ourense. No primeiro dos beléns de Arturo Baltar, que se expuxo nos soportais do concello, estaban as figuras tradicionalmente máis habituais: o misterio composto do neno, a virxe, San Xosé, un anxo, o boi e a mula, e os reis magos. Nos anos posteriores fóronse incorporando o resto de personaxes ata chegar o tamaño actual.
Na cidade hai 8 placas, unha delas nesta praza, sobre a novela de “A Esmorga”, de Blanco Amor, que foron realizadas por Manuel Figueiras. Curiosamente no Belén aparece unha escena nunha taberna. Dentro delas, tres personaxes que están a xogar ás cartas e que son precisamente os esmorgantes. Pequena homenaxe que fai o escultor aos protagonistas da novela.
25) Igrexa de Santo Domingo
GPS de Igrexa de Santo Domingo: 42.3387, -7.86328
A igrexa de Santo Domingo nace da doazón dun indiano, Domingo Rodríguez de Araujo, natural de Vilanova dos Infantes, en Celanova, e falecido en Potosí. Retornado de América tras facer alí fortuna, fundou este convento entre 1643 e 1666, que... leer más
A igrexa de Santo Domingo nace da doazón dun indiano, Domingo Rodríguez de Araujo, natural de Vilanova dos Infantes, en Celanova, e falecido en Potosí. Retornado de América tras facer alí fortuna, fundou este convento entre 1643 e 1666, que encomendou aos monxes dominicos.
Tras a desamortización, os dominicos vénse obrigados a abandonar o convento que tempo despois mudará o nome polo de Santa Eufemia do Norte, aínda que popularmente seguiu coñecéndose como Santo Domingo.
A zona conventual tivo diversos usos, como o de palacio Provincial ou Audiencia, ata a súa demolición para levantar a actual delegación de Facenda.
A fachada é de máis discreta decoración ca de Santa Eufemia do Centro. O interior ten unha soa nave, con planta de cruz latina e bóveda de crucería, con pendentes na bóveda sobre o cruceiro. O altar maior, obra do século XVIII, é de Castro Canseco, ao igual cós retablos do Rosario e de San Xacinto. O escultor tan prolífico en Ourense, aínda que leonés de orixe, está enterrado nesta igrexa en fronte da capela de San Xacinto.
A rúa Santo Domingo, antes chamada da Corredoira, conecta a praza do Ferro co parque de San Lázaro. Esta é unha rúa peonil, con comercios, cafés e edificios que testemuñan o seu pasado señorial. Chegando ao parque de San Lázaro hai unha gran escultura do Carrabouxo, unha personaxe do debuxante Xosé Lois González, co que están familiarizados moitos ourensáns por ler as súas viñetas no periódico.
O parque de San Lázaro foi lugar de celebración no pasado da feira de ganado e contou cunha capela, pertencente ao hospital de leprosos, dedicada a San Lázaro. A escultura que representa un anxo lembra aos caídos na guerra Civil española e é obra de Francisco Asorey. Hoxe en día este parque é lugar de encontro de ourensáns e punto de comunicación da cidade histórica cos barrios de máis recente desenvolvemento.
26) Igrexa de San Francisco
GPS de Igrexa de San Francisco: 42.3418, -7.86365
A igrexa dos Franciscanos construíuse no século XIV na zona alta da cidade, afastada do rebulicio do centro. Desta posición orixinal consérvase tan só o claustro gótico. A igrexa trasladouse en 1929 a unha nova posición no parque de San... leer más
A igrexa dos Franciscanos construíuse no século XIV na zona alta da cidade, afastada do rebulicio do centro. Desta posición orixinal consérvase tan só o claustro gótico. A igrexa trasladouse en 1929 a unha nova posición no parque de San Lázaro.
A fachada principal ten un rosetón coroándoa, e a porta, con tres arquivoltas, ten columnas de fuste liso e estriado con capiteis con decoración vexetal, animal e algunhas representacións humanas como a dun gaiteiro galego.
No interior, a única nave da igrexa ten unha cuberta de madeira. Os ventanais góticos da capela maior, oxivais e ricos en tonalidades, chaman a atención, e crean unha atmosfera mística e íntima.
Ademais destacan os sepulcros góticos, de familias como os Maceda, os Noboa ou os Cadórniga, ricos en detalles alusivos á nobreza e aos logros dos seus ocupantes.
27) Ponte Romana
GPS de Ponte Romana: 42.3444, -7.86889
A ponte Romana noutrora quedaba polas aforas e era lugar de paso de viaxeiros, mercadores e peregrinos, ademais, era lugar frecuentado por malfeitores. A próxima capela dos Remedios, levantada no século XVI polos Méndez Montoto, tiña como fin... leer más
A ponte Romana noutrora quedaba polas aforas e era lugar de paso de viaxeiros, mercadores e peregrinos, ademais, era lugar frecuentado por malfeitores. A próxima capela dos Remedios, levantada no século XVI polos Méndez Montoto, tiña como fin a cristianización da zona, feudo de delincuentes.
No campo dos Remedios, coñecido tamén como campo da verdade, producíronse duelos con arma branca, e tamén houbo alí romarías e feiras.
A ponte é romana nas súas orixes, mais a súa construción tivo moitas modificacións e arranxos por mor dos posibles problemas construtivos. Pénsase que o deseño orixinal fíxose con demasiada luz, é dicir, o arco central era demasiado grande, o que provocou problemas de estabilidade que se alongaron durante toda a idade Media.
Os romanos elixiron este lugar para realizar tan importante obra de enxeñería, e esa decisión afectou a vida de miles de persoas ao longo da historia, xa que este foi, durante centos de anos, o único paso do río Miño en varios quilómetros arriba e abaixo.
A ponte romana, que é un dos principais símbolos da cidade, recibiu diversos nomes como Ponte Vella, Ponte Maior ou simplemente A Ponte. A súa importancia é tal que aparece no propio escudo da cidade. Pénsase que se comezou a construír no século I en tempos de Traxano, aínda que, segundo outros, sería en tempos do emperador Augusto. Da súa fábrica orixinal consérvanse a penas algunhas pedras na base. Logo, no século XII, foi reconstruída, de aí eses arcos apuntados e as ramplas, mais os problemas construtivos foron definitivamente solucionados no século XVII. A ponte tivo unha torre que foi demolida no século XIX, pero permaneceu viva grazas a que se atopa no escudo da cidade.
Outros datos sobre a ponte dinos que a clave está a 38 metros sobre o nivel do río, que ata a construción da Ponte Nova foi o único paso en quilómetros augas arriba e abaixo, se ben anexo a el había un paso para barcas coñecido como “Porto Auriense”.
28) Ponte do Milenio e outras pontes
GPS de Ponte do Milenio e outras pontes: 42.3452, -7.87417
A ponte do Milenio fai de contrapunto á ponte Romana. Tívose en consideración aos viandantes para a súa propia pasarela con boas vistas do río Miño e da cidade de Ourense.
En 1998 pechouse definitivamente o tráfico rodado sobre a ponte... leer más
A ponte do Milenio fai de contrapunto á ponte Romana. Tívose en consideración aos viandantes para a súa propia pasarela con boas vistas do río Miño e da cidade de Ourense.
En 1998 pechouse definitivamente o tráfico rodado sobre a ponte Romana, por razóns de conservación. Pouco despois colocouse a primeira pedra desta ponte do Milenio que será oficialmente inaugurada o 1 de setembro do 2001. O arquitecto de tan vangardista obra foi Álvaro Varela e o enxeñeiro, Xoán Calvo.
Ten unha lonxitude de 275 metros e a altura do vano central alcanza os 36 metros. O sistema de tirantes, o seu propio deseño e incluso a iluminación nocturna, déronlle un papel innovador na cidade.
Outra ponte que tivo e ten actualmente gran importancia é a ponte Nova, situada 450 metros augas máis arriba da ponte Romana. Foi inaugurada en 1918 e beneficiou enormemente, xunto coa estación de ferrocarril, a comunicación entre as dúas marxes do río. Débese ao traballo do enxeñeiro Martín Díaz de la Banda. O arco central ten 25 metros de luz, e os seis restantes, tres a cada lado, teñen 12 metros de luz.
O viaduto, de 1957, está relacionado coa liña ferroviaria de Ourense a Zamora. Ten 359 metros de lonxitude e unha altura sobre o río de 46,5 metros.
Ourense Gastronómico
29) Ourense Gastronómico
GPS de Ourense Gastronómico: 42.3367, -7.8628
Ourense concentra a esencia da mellor gastronomía. Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía Galega prodúcense aquí: o pan, o viño, a carne ou as patacas, son unha pequena mostra dos ingredientes base que con gran variedade,... leer más
Ourense concentra a esencia da mellor gastronomía. Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía Galega prodúcense aquí: o pan, o viño, a carne ou as patacas, son unha pequena mostra dos ingredientes base que con gran variedade, calidade e exquisitez están presente nos nosos pratos.
Non deixa de ser curioso que sendo unha provincia de interior teña desenvolvido a súa merecida fama con produtos do mar, sendo o polbo o seu máximo representante. Entre as súas manifestacións culinarias elaboradas seguindo as pautas máis tradicionais ou incorporando as técnicas máis vangardistas e innovadoras, pódese degustar: empanada, pote galego, lamprea, lacón con grelos ou a caza en temporada.
Unha despensa que culmina con importantes iconas no apartado de sobremesas como a bica (biscoito tradicional), amendoados ou cañas recheas, sen esquecer, que Ourense é o berce do marrón glacé que utiliza como base a castaña, auténtico referente da gastronomía local á cal se lle dedica unha das festas más peculiares do calendario culinario como son os Magostos.
Excelentes propostas que se acompaña de caldos recoñecidos internacionalmente. Parte do termino municipal de Ourense pertence á Denominación de Orixe Ribeiro, e é o viño co que historicamente está máis asociada, aínda que tres denominacións completan o mapa enoturístico provincial: Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras.
Ir de viños, un acto social:
“Ir de viños” é un dos sinais de identidade de Ourense e unha experiencia obrigada para calquera visitante. Nun pequeno conxunto de rúas e prazas en torno á Catedral, pódese gozar dun viño, un pincho, tapa ou copa que seguro deixarán satisfeito aos padais máis exixentes. Propostas gastronómicas que son auténticas xoias en miniatura.
A oferta completase no resto da cidade cun sen fin de establecementos. Fora dese circuíto da “ruta dos viños” podemos encontrar os establecementos recoñecidos pola prestixiosa Guía Repsol. Así con dous soles destaca o Galileo, en Santa Baia (Ourense) A Rexidora, en Bentraces (Ourense) con un sol,ou os restaurantes recomendados como A Taberna, Adega do Emilio e o Habana 83.
Festas Gastronómicas, a exaltación das materias primas:
Na cidade hai tres citas gastronómicas moi importantes: Xantar (o Salón Galego de Gastronomía e Turismo) e as edicións de Primavera e Outono dos xa consolidados Concursos de Pinchos. Pero o calendario festivo está repleto de convocatorias e festas gastronómicas. Cada produto conta cunha celebración popular para a súa exaltación. A troita, a anguía, o boi, o polbo, o cocido, o paspallás, a androlla…. unha longa lista chea de posibilidades á que se suman as festas máis representativas como o Entroido ou os Maios nas que a comida está presente en todos os rituais.
Na provincia cabe destacar a Festa gastronómica do polbo de Carballiño que deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: “A Festa do Pulpo”. Celebrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal de Carballiño e goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico.
Ourense Singular
30) Ourense singular
GPS de Ourense singular: 42.3353, -7.8663
Ourense conta con importantes atractivos e elementos singulares e indispensables para o turista. Visita obrigada é a Praza de Abastos, o mercado máis importante da cidade.
O edificio en si foi construído no ano 1929, e ten máis aire de pazo e... leer más
Ourense conta con importantes atractivos e elementos singulares e indispensables para o turista. Visita obrigada é a Praza de Abastos, o mercado máis importante da cidade.
O edificio en si foi construído no ano 1929, e ten máis aire de pazo e señorial que de mercado; o seu deseño foi realizado polo arquitecto Manuel Conde. No seu interior cobran protagonismo os postos dedicados á carne, miudezas e produtos de charcutaria ou peixes e mariscos, combinados con aqueles nos que se ofrecen queixos e lácteos.
Unha das súas peculiaridades atópanse no exterior onde se poden visitar as pequenas edificacións de flores e o popular “Rianxo” punto de venta dos produtos das hortas próximas á cidade, froitas e hortalizas xunto cos viños da zona, empanadas, e outros moitos produtos da terra. Un lugar de visita obrigada para os amantes da boa mesa e o produto fresco de gran calidade. Indispensable acabar a visita comprando un pan de Cea e probando o queixo do país.
Se as datas coinciden, o turista ten a oportunidade de coñecer os días 7, 17 o 26 de cada mes a feira da cidade. Sempre viva, herdeira directa de aqueles antigos mercados de compra e venda de gando e punto de reunión das xentes da cidade veciños e visitantes levan anos acudindo a unha cita na que todo é ritual; degustar o tradicional polbo e a carne ao caldeiro ou aproveitar para facer compras: sementes e plantas, roupa, artigos de ferretaría, zapatos ou postos singulares nos que se poden atopar moitas curiosidades.
Desde fai 30 anos, a feira ocupa un espazo privilexiado na ribeira do Miño. Na actualidade levase a cabo nun espazo diáfano que se integra no entorno do río, baixo unha gran cuberta poliédrica que abraza a explanada onde, entre carballos e eucaliptos fan o seu negocio polbeiras e taberneiros. Un lugar de reunión que foi recuperado converténdose nun referente de modernidade.
Outro espazo singular é o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé que destaca tanto pola relevancia arqueolóxica do xacemento como polo valor ecolóxico do seu entorno. A escasos 3 Qm. do núcleo urbano, os restos atopados nos recentes traballos de escavación sinalan a existencia de dous núcleos claramente diferenciados. Un corresponde ao período castrexo, século I, e o outro entre os séculos II ao V, do tempo da romanización.
O núcleo castrexo está situado na vertente sur dun outeiro, nun lugar abrupto sobre o río Lonia que lle serve de defensa natural. Desde aquí obsérvanse as impresionantes marmitas de xigantes, enormes pedras erosionadas polas augas, que forman como pozas ou bañeiras.